Bos días, tralos últimos acontecementos, procedemos a contar as medidas que se van a realizar dende a aula de 2º Curso de Ed. Primaria nas próximas semanas dende as diferentes materias.
A continuación, neste blog de aula terase á vosa disposición diferentes materiais para repasar dende a casa no blog as diferentes materias, así como na aula virtual do colexio.
Para o acceso á aula virtual, deberedes:
- Entrar a través dos seguintes enlaces: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/aulavirtual2/ ou https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/
- Acceder a Curso 2ºEP
Tanto na aula virtual como no blog e no colexio, tedes todos estes materiais á vosa disposición.
En canto ás tarefas que poden realizar na casa nestes días, deberán realizar nunha libreta apautada ou nunha folla en Lingua Galega, que deberase entregar na aula grapado, unha redacción cada semana, en total dúas redaccións, cun mínimo de 100 palabras coas seguintes temáticas:
- Escribe unha carta ó Presidente do Goberno pedíndolle máis vacacións e menos clases.
- Como te imaxinas que serás dentro de dez anos?
- Eres un periodista e escribes unha noticia sobre un accidente.
- Pensa nunha persoa famosa e describe as súas cualidades, o seu carácter, a súa forma de ser.
Respecto a CCNN e CCSS, deberá rematar o debuxo cos aparellos que vimos e expliquei na clase onte. Situar os órganos dos diferentes aparellos no debuxo (teñen a libreta na casa) e as súas funcións.
En Matemáticas, é importante repasar as táboas de multiplicar ata o número 5, que é o que levamos realizado e cada día, realizar e copiar varias veces a táboa nunha folla. Ademais, deberán imaxionar que son científicos e deben solventar 10 problemas para salvar á humanidade. Polo que deberán inventar problemas matemáticos de sumas e restas. Lembrar apuntar os datos e as operacións.
En Lengua Castelá, continuarán co diario que estamos na clase. Pero como non temos libreta na casa, deberán de escribilo nunha folla de papel e acompañalo dun debuxo. Cando rematen o "diario" e volva todo á normalidade, deberá crear un "librillo" onde se recollan todos os escritos para entregar na aula.
Coa finalidade de evitar prexuízos e evitar desprazamentos, non é necesario nin preciso que acudan ó centro educativo para recoller os materiais dos discentes.
En caso de dúbida, seguir as indicacións das Administracións e do Centro educativo.
Polo que ata o momento, a través deste medio, o alumnado pode seguir repasando o temario traballado na aula, dun xeito responsable e con sentido común.
Esperamos que toda volva a normalidade e podamos vernos pronto.
Unha aperta, Cristina Lage

Bos días,
ResponderEliminarExpresar o meu comentario. Non sería mellor que mandases unha tarefa diaria para cada unha das asignaturas a cal os rapaces farían e cha enviarían cada día para que ti correxiras? Vexo unha opción máis axeitada que esto de mandar un montón de material e que sexamos os pais os que nos busquemos a vida. Xa non falo de que mandedes videos tutoriais cas explicacións dos temas pero polo menos unhas pautas diarias. Así penso eu que é como debería funcionar unha aula virtual.
Esta é una situación nova para todos e tedesvos que dar conta que moitos pais seguen traballando, agora co problema engadido de ter os fillos na casa e por suposto nos poder levarllos os avos que son a poboación de maior risco. Co cal encontramonos traballando, facendo números cos rapaces e inda por riba facendo de profesores.
Esta e a miña opinión e unha proposta do que penso sería como deberían funcionar as clases online.
Un saúdo
Eu secundo a idea. Porque hai que darse conta que os pais que traballamos fora da casa, xa bastante preocupación temos con pensar en que os nenos teñen que ir cos abós, preocupados por non levar virus á casa. No meu caso non podo nin acercarme o meu fillo. Que lle cargo, mais traballo á súa aboa?. Creo con unha tarea pequena día a día sería máis levadeiro e os abós poderían axudar. Porque xa bastante fan con quedar con eles( no meu caso fauino de mil amores, coma todos) . Creo que hai que ser un pouco máis flexibles. Non podo facer de nai, filla, enfermeira e profesora a vez. Sintoo , pero falrei co meu fillo o que mellor pouida facer. Un saludo
ResponderEliminar