Boas tardes, vendo que a situaci'on que estamos a vivir 'e complicada, a continuaci'on remito a modo de resumo cas tarefas que de'bense traballar no fogar para entregar o primeiro d'ia de colexio.
En canto ás tarefas que poden realizar na casa nestes días, deberán realizar nunha libreta apautada ou nunha folla en Lingua Galega, que deberase entregar na aula grapado, unha redacción cada semana, en total dúas redaccións, cun mínimo de 100 palabras coas seguintes temáticas:
- Escribe unha carta ó Presidente do Goberno pedíndolle máis vacacións e menos clases.
- Como te imaxinas que serás dentro de dez anos?
- Eres un periodista e escribes unha noticia sobre un accidente.
- Pensa nunha persoa famosa e describe as súas cualidades, o seu carácter, a súa forma de ser.
Respecto a CCNN e CCSS, deberá rematar o debuxo cos aparellos que vimos e expliquei na clase onte. Situar os órganos dos diferentes aparellos no debuxo (teñen a libreta na casa) e as súas funcións.
En Matemáticas, é importante repasar as táboas de multiplicar ata o número 5, que é o que levamos realizado e cada día, realizar e copiar varias veces a táboa nunha folla. Ademais, deberán imaxionar que son científicos e deben solventar 10 problemas para salvar á humanidade. Polo que deberán inventar problemas matemáticos de sumas e restas. Lembrar apuntar os datos e as operacións.
En Lengua Castelá, continuarán co diario que estamos na clase. Pero como non temos libreta na casa, deberán de escribilo nunha folla de papel e acompañalo dun debuxo. Cando rematen o "diario" e volva todo á normalidade, deberá crear un "librillo" onde se recollan todos os escritos para entregar na aula.